«Os canteiros déronlles forma ás pedras. Nós devolvémoslles o seu canto

Hai oitocentos anos, o Mestre Mateo e os seus colaboradores ergueron na catedral de Santiago un monumental coro de pedra: arquitectura, escultura e música reunidas nun mesmo espazo litúrxico. O golpe do cicel sobre o granito era o canto que eles buscaban na pedra. Aquel coro emudeceu, pero a súa idea permanece.

O Coro Mestre Mateo recolle ese legado e devólvelle a voz á pedra: convertemos en música o canto que xa latía no golpe do cicel. Somos unha formación vocal profesional dedicada a facer soar, en igrexas, mosteiros, catedrais e outros espazos singulares, un repertorio sacro a cappella na estela da gran tradición polifónica do Renacemento.

Santiago de Compostela, 2026